ALÉN DO COSMOS

Alén do Cosmos é un documental sobre o periplo vital de Santiago Formoso, un galego que a finais dos 60 emigrou a Nova York, onde empezou a estudar grazas a unha bolsa deportiva universitaria e acabou gañando a vida como futbolista no lexendario New York Cosmos, xunto a estrelas como Pelé, Beckenbauer, Carlos Alberto ou Johan Cruyff. Retirado a finais dos 80, Formoso é hoxe un galego-americano máis dos moitos que viven en Queens ou Newark, cunha interesante experiencia que contar sobre o deporte, o negocio e a vida concibida como espectáculo.

TÍTULO ALÉN DO COSMOS

XÉNERO DOCUMENTAL

FORMATO DE GRAVACIÓN HD

IDIOMA GALEGO, CASTELÁN, INGLÉS

PRODUCIÓN QUADRA PRODUCIÓNS

DIRECCIÓN PEDRO PABLO ALONSO

CÁMARA CUCO PINO

MONTAXE CUCO PINO

A HISTORIA

En 1968, un rapaz chamado Santiago Formoso emprende o periplo de tantos emigrantes e con apenas 15 anos deixa o seu Vigo natal con destino a Nova York. Asentado finalmente na gran colonia galega de Newark, o Santiago novo, que anos atrás xogara ao fútbol nun modesto club de barrio vigués, consegue unha bolsa deportiva da Universidade de Pennsylvania, que lle paga os seus estudos en Artes Liberais e o integra no equipo de soccer (como denominan en Estados Unidos ao fútbol europeo).

Son os anos dos primeiros intentos por converter este deporte nun espectáculo “americano”, aínda que os estadounidenses non responden demasiado ben: prefiren produtos autóctonos coma o fútbol americano e o béisbol, de xeito que o soccer malvive como deporte da emigración (fundamentalmente europea e latinoamericana). Pero aínda que as ligas locais non teñen tirón (non existen nin infraestrutura nin organización profesional), a teima dun magnate da comunicación fai que a franquía de Nova York (o N.Y. Cosmos) soñe soñar con facer un gran equipo. De súpeto empezan a chegar estrelas internacionais ao Cosmos, o que conquistará definitivamente ao público. Primeiro Pelé, despois Beckenbauer, máis tarde mesmo Cruyff xoga algúns partidos con eles… Dun día para outro, o soccer consegue encher estadios de ata 80.000 localidades. É xusto cando Santi Formoso ficha polo Cosmos, converténdose nunha peza máis dun equipo lexendario. A partir de aí, Santiago é partícipe dun proxecto que se adianta décadas ao actual fútbol de fichaxes millonarias e xiras asiáticas, un fútbol no que os xogadores comezan a ser vistos máis coma estrelas de rock que coma deportistas.

A figura de Santiago Formoso (primeiro deportista español que gaña un Anel de Campión nunha Major League -moito antes que Pau Gasol- e internacional coa selección de Estados Unidos) pasa totalmente desapercibida en Galicia e no resto de España. O seu, e o do New York Cosmos tamén, é en realidade un sono de curta duración. O Cosmos desaparece en 1985, cando Formoso había tempo que comezara outro periplo, agora por diferentes equipos estadounidenses de menor nivel. Xa retirado, a súa visión da sociedade americana fica marcada pola súa insólita experiencia deportiva. Alén do Cosmos, a súa traxectoria é a dunha testemuña privilexiada da espectacularización do noso mundo, coas súas luces e as súas sombras.

DE QUE VAI O PROXECTO

Alén do Cosmos quere ser máis que a simple crónica dun emigrante galego en Estados Unidos, e moito máis que a descrición dun episodio peculiar na historia do fútbol. A experiencia vital e profesional de Santiago Formoso, así como as súas opinións sobre a sociedade que o acolleu, artellan un relato esclarecedor sobre o actual proceso de globalización cultural e económica.

Obviamente, o potencial da nosa historia funciona a varios niveis. A nivel local, reflicte o periplo dun emigrante (que vai do arquetípico ao excepcional), así como unha historia universal na que Vigo e Galicia son protagonistas. A nivel internacional, a película trata ante todo de transmitir unha experiencia de auténtico cosmopolitismo (lembremos, por exemplo, que no equipo do Cosmos Formoso chegou a convivir con xogadores de 17 nacionalidades diferentes). Ademais, como precedente do actual modelo futbolístico, a andaina do noso protagonista constitúe unha metáfora excelente sobre a espectacularización da sociedade contemporánea, así como un vehículo idóneo para achegarse aos contrastes entre Estados Unidos e Europa.

Alén do Cosmos non é, en ningún caso, nin unha historia pormenorizada da franquía neoyorkina nin un documental só para futboleiros.

————————————————————————————

Alén do Cosmos (Más allá del Cosmos) es un documental sobre el periplo vital de Santiago Formoso, un gallego que a finales de los 60 emigró a Nueva York, donde empezó a estudiar gracias a una beca deportiva universitaria y acabó ganándose la vida como futbolista en el legendario New York Cosmos, junto a estrellas como Pelé, Beckenbauer, Carlos Alberto o Johan Cruyff. Retirado a finales de los 80, Formoso es hoy un gallego-americano más de los muchos que viven en Queens o Newark, con una interesante experiencia que contar sobre el deporte, el negocio y la vida concebida como espectáculo.

TÍTULO ALÉN DO COSMOS (MÁS ALLÁ DEL COSMOS)

GÉNERO DOCUMENTAL

FORMATO DE GRABACIÓN HD

IDIOMA GALLEGO, CASTELLANO, INGLÉS

PRODUCCIÓN QUADRA PRODUCIÓNS

DIRECCIÓN PEDRO PABLO ALONSO

CÁMARA CUCO PINO

MONTAJE CUCO PINO

LA HISTORIA

En 1968, un chico llamado Santiago Formoso emprende el periplo de tantos emigrantes y con apenas 15 años deja su Vigo natal con destino a Nueva York. Asentado finalmente en la gran colonia gallega de Newark, el joven Santiago, que años atrás había jugado al fútbol en un modesto club de barrio vigués, consigue una beca deportiva de la Universidad de Pennsylvania, que le paga sus estudios en Artes Liberales y lo integra en el equipo de soccer (como denominan en Estados Unidos al fútbol europeo).

Son los años de los primeros intentos por convertir este deporte en un espectáculo “americano”, aunque los estadounidenses no responden demasiado bien: prefieren productos autóctonos como el fútbol americano y el béisbol, de manera que el soccer malvive como deporte de la emigración (fundamentalmente europea y latinoamericana). Pero aunque las ligas locales no tienen tirón (no existen ni infraestructura ni organización profesional), el empeño de un magnate de la comunicación hace que la franquicia de Nueva York (el N.Y. Cosmos) sueñe con hacer un gran equipo. De repente empiezan a llegar estrellas internacionales al Cosmos, lo cual conquistará definitivamente al público. Primero Pelé, después Beckenbauer, más tarde incluso Cruyff juega algunos partidos con ellos… De un día para otro, el soccer consigue llenar estadios de hasta 80.000 localidades. Es justo cuando Santi Formoso ficha por el Cosmos, convirtiéndose en una pieza más de un equipo legendario. A partir de ahí, Santiago es partícipe de un proyecto que se adelanta décadas al actual fútbol de fichajes millonarios y giras asiáticas, un fútbol en el que los jugadores comienzan a ser vistos más como estrellas de rock que como deportistas.

La figura de Santiago Formoso (primer deportista español que gana un Anillo de Campeón en una Major League -mucho antes que Pau Gasol- e internacional con la selección de Estados Unidos) pasa totalmente desapercibida en Galicia y en el resto de España. El suyo, y el del New York Cosmos también, es en realidad un sueño de corta duración. El Cosmos desaparece en 1985, cuando Formoso hacía tiempo que había comenzado otro periplo, ahora por diferentes equipos estadounidenses de menor nivel. Ya retirado, su visión de la sociedad americana queda marcada por su insólita experiencia deportiva. Más allá del Cosmos, su trayectoria es la de un testigo privilegiado de la espectacularización de nuestro mundo, con sus luces y sus sombras.

DE QUÉ VA EL PROYECTO

Alén do Cosmos quiere ser más que la simple crónica de un emigrante gallego en Estados Unidos, y mucho más que la descripción de un episodio peculiar en la historia del fútbol. La experiencia vital y profesional de Santiago Formoso, así como sus opiniones sobre la sociedad que lo acogió, articulan un relato esclarecedor sobre el actual proceso de globalización cultural y económica.

Obviamente, el potencial de nuestra historia funciona a varios niveles. A nivel local, refleja el periplo de un emigrante (que va de lo arquetípico a lo excepcional), así como una historia universal en la que Vigo y Galicia son protagonistas. A nivel internacional, la película trata ante todo de transmitir una experiencia de auténtico cosmopolitismo (recordemos, por ejemplo, que en la plantilla del Cosmos Formoso llegó a convivir con jugadores de 17 nacionalidades diferentes). Además, como precedente del actual modelo futbolístico, la trayectoria de nuestro protagonista constituye una metáfora excelente sobre la espectacularización de la sociedad contemporánea, así como un vehículo idóneo para acercarse a los contrastes entre Estados Unidos y Europa.

Alén do Cosmos no es, en ningún caso, ni una historia pormenorizada de la franquicia neoyorkina ni un documental sólo para futboleros.

http://www.alendocosmos.wordpress

alendocosmos@gmail.com

http://www.facebook.com/alen.docosmos

http://www.twitter.com/alendocosmos

http://www.vimeo.com/alendocosmos

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s